SISTEMA ELECTORAL
Lei D´Hont
 

As normas que rexen o reconto de votos e a posterior asignación de escanos no noso país están recollidas no capítulo III de La Ley Orgánica 5/1985 del Régimen Electoral General, e en posteriores modificacións da mesma.

O sistema utilizado para o reparto de escanos é Lei D´Hont, que establece que se divida o número de votos obtido por cada candidatura que teña conseguido ao menos o 3% das papeletas entre 1, 2, 3... ata un número igual ao de escanos correspondentes á circunscrición e se ordenen de maior a menor os resultados obtidos para, posteriormente, atribuír os escanos ás candidaturas que obteñan los cocientes maiores.

Na seguinte escena podes ver a gráfica anterior e seleccionando 1 no control Gráfica_Deputados mostraranse os escanos obtidos por cada partido aplicando a lei D´Hont. ¿Coincide o reparto co que estableceras?

 

Se pulsas co botón dereito do rato na escena aparecerá unha lista de supostos partidos políticos (a lei D´Hont establece que as candidaturas se presentarán en listas pechadas) na que poderás establecer os votos obtidos por cada partido. Como resultado, xerarase unha gráfica das porcentaxes de votos recibidos por cada partido en relación co total da poboación.

A continuación podes facer o mesmo na escena seguinte (esta vez os partidos encóntranse na parte inferior da escena e non tes que pulsar o botón dereito do rato) e xerarase a división dos votos obtidos por cada partido entre 1, 2, 3... ata 25, baixo o suposto de que son 25 os escanos que corresponden á circunscrición.

Ordena de maior a menor as cifras resultantes ata encontrar a que se encontra na posición 25 e coloca esa cifra na casiña "Divisor" da primeira escena. Se queres ver os escanos que corresponderon a cada partido selecciona 1 na casiña "Gráfica_Deputados".

  Jesús Juanatey Silva, 2002